Hoxe celebramos o Día Europeo dos Parques coñecendo o centro de visitantes Casa da Costa, en Carreira (Ribeira). Pasámolo moi ben e aprendemos moito grazas á guía do Parque que nos acompañou e explicou todo sobre os Parques Naturais que hai en Galicia. Sabedes cantos son? Pois si, resulta que temos 7 parques naturais en Galicia: Illas Atlánticas de Galicia, Baixa limia-Serra do Xurés, o Invernadeiro, Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Serra da Enciña da Lastra, Fragas do Eume e Monte Aloia.
Ao acabar, como non cometemos ningún erro no cuestionario que realizamos, regaláronnos un agasallo. Agora xa coñecemos moito mellor os parques naturais galegos e, sobre todo, o Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Queremos agradecer a todo o equipo ambiental do Parque natural de las Dunas de Corrubedo y lagunas de Carregal y Vixán , ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, á dirección xeral de espazos naturais, á dirección xeral de patrimonio natural e á consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por contar con nós.
E, con tanto patrimonio natural que temos en Galicia, debemos coidalo. Por iso, contamos con varios proxectos ambientais na nosa asociación, como xa coñecedes. Esta semana temos novidades…
En RE-MAR mañá ás 11:00 horas limparemos os residuos mariños da praia de Compostela, en Vilagarcía de Arousa, xunto a Amarcarril. Tamén contaremos coa colaboración especial de Pan do Mar.
Por outro lado, viaxaremos ata a praia Os Muiños, en Muxia, para facer unha recollida de lixo e clasificación para o seu posterior reciclaxe coa axuda do CEIP Os Muíños.
E, este sábado faremos unha limpieza de lixo mariño con Mar de Aguiño en a Illa de Sálvora.
Non te perdas ningunha das nosas accións. Síguenos en Facebook!
E, en Peneira, estamos preparando moitas sorpresas. Non perdades ollo das nosas redes sociais e dos nosos seguintes post!