Este sábado conseguimos unir inclusión e coidado do medioambiente unha vez máis.  Nesta ocasión, estivemos na Praia do Vilar facendo unha recollida de residuos mariños para o noso proxecto RE-MAR III, en colaboración coa empresa Tragsa. O obxectivo da xornada foi dar a coñecer o proxecto de custodia ambiental e involucrar a todos e todas no cuidado das nosas costas e na conservación do medio ambiente.

Os máis de 70 voluntarios, acompañados dos nosos Axentes Medioambientais, conseguimos retirar da Praia do Vilar, pertencente ao Parque Natural de Corrubedo, máis de 103 kilos de lixo mariño. Cando rematamos de clasificar dímonos de conta que o que máis atopamos foron residuos plásticos e madeira tratada.

Despois da limpeza de praia, pasámolo xenial xogando todos xuntos a Oca de RE-MAR onde os participantes tiveron que responder a preguntas do tipo “Canto se tarda en degradarse unha lata de refresco?”. A resposta correcta é 200 anos.

É labor de todos coidar da natureza. Debemos evitar botar residuos ao chan. Un exemplo é a goma de mascar, que se compón de un 80% de plástico e, polo tanto, pode tardar ata cinco anos en degradarse.

Queremos agradecer a Tragsa, por acompañarnos na acción e por confiar en nós para a realización da actividade, así como ao persoal do Parque Natural de Corrubedo e ao Centro de Recepción de vistitantes pola súa colaboración na actividade e por explicarnos tan ben os maravillosos parques naturais que atopamos en Galicia e a biodiversidade que podemos atopar neles.

Queres participar na nosa seguinte acción como voluntario?

INSCRÍBETE