Hoxe entregamos os diplomas acreditativos do curso de ‘Operacións básicas de recepcionista – bedel’ aos 15 alumnos que participaron. A formación forma parte do Programa ‘Más Empleo’, financiado por Fundación La Caixa e o FSE, e impulsado por Amicos.
No acto estivo presente Ana Barreiro, Concelleira de Servicios Sociais que se mostrou “encantada” de colaborar neste tipo de iniciativas que promoven a formación e a inserción das persoas con discapacidade. Grazas ao Concello de Ribeira o curso pudo desenvolverse nas aulas de Cristóbal Colón.
Os alumnos, a través das 20 horas impartidas, adquiriron as competencias profesionais requeridas para desenvolver tarefas propias do posto de recepcionista ou bedel en entidades e empresas de forma eficaz e de acordo á situación e momentos concretos. O curso tivo unha duración de 20 horas repartidas entre o luns, 7 de marzo de 2022, e o venres, 11 de marzo de 2022 en horario de 10:00 a 14:00 horas e foi impartido por Recursos Galicia.

Keltoi Cameán, Técnico do Programa ‘Más Empleo’: “Amicos leva desenvolvendo o programa ‘Más Empleo’ dende 2017 e o ano pasado logramos alcanzar o máximo de persoas con discapacidade insertadas na comarca”. Engadiu: “En este 2022 xa levamos máis de 40 participantes no programa e esperamos que algunhas destas persoas sexan insertadas en Ribeira”.
A seguinte formación titulada “Expendedor/a de combustible” comezará o luns, 4 de abril de 2022, na Aula Activa do Mar de Rianxo e tamén está dirixida ás persoas con discpacidade. Será en horario de 10:00 horas a 14:00 horas e será gratuito.


