A Xunta renova para este ano vindeiro as subvencións para ambos programas de emprego da asociación Amicos

Un ano máis, a labor realizada por parte da nosa asociación vese apoiada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, renovando as subvencións para os dous programas e permitiendo continuar ca nosa labor social.

Ambos servizos céntranse en mellorar a ocupabilidade dos usuarios en situación de desemprego. O Servizo Integrado de Emprego busca impulsar a inserción laboral de máis de cen persoas en situación de vulnerabilidade. Para isto fomentan o seu emprendemento mediante a mellora das súas competencias. Grazas á combinación de accións de formación ocupacional e prácticas non laborais, o 68% dos usuarios atoparon emprego.

Asimesmo, o Servizo de Orientación Laboral céntrase en continuar na prospección e mediación con empresas para apoiar ós colectivos en situación de vulnerabilidade. Neste período 2021-2022, atenderon  un total de 386 persoas, 134 delas con discapacidade intelectual. O esforzo do equipo de Amicos e os participantes viuse recompensado ó acabar 122 insercións laborais. Esta cifra avala a importancia e efectividade do programa.

Máis alá dos números, estas experiencias foron satisfactorias para docentes e participantes. Cada usuario ten una historia e é preciso adaptarse ás súas necesidades particulares. Keltoi Cameán, un dos orientadores, fala dos novos retos na difícil situación actual. «Vivimos nun momento de incertidume en normativa laboral. Moitos dos contratos que conseguiamos eran temporais, así que agora costaranos un pouco máis», admite.

Isto non embaza os  dos resultados obtidos, e móstrase esperanzado cara este vindeiro curso. A capacidade real de axudar a aqueles que máis o precisan. Conseguir un impacto positivo e mellora no seu día a día. Renovar a fe neles mesmos. Estes son alguns dos motivos polos que programas coma este son tan importantes.

Diana Cidrás, Orientadora Laboral da Asociación Amicos, incide en que “É moi importante desenvolver itinerarios persoalizados de inserción a longo prazo para obter este tipo de resultados”. Asemade, Pablo Penide, Orientador da Asociación, recalca “A colaboración e sensibilización activa das empresas para a inserción sociolaboral é moi importante para nós e o noso programa”.

Dúas boas novas para a asociación de Amicos e que recoñecen a importancia da súa labor social.

Enlace a medios:

👉 LA VOZ DE GALICIA