As aulas de Cristóbal Colón no Concello de Ribeira acollen esteas días a primeira formación presencial “Xestión e control de compras e stock en almacén” do noso programa Integrado de Emprego 2023.
Nesta formación participan 15 alumnas e alumnos, a duración será de 30 horas e completarase con outros dous itinerarios en liña.

 

Esta semana iniciouse a formación presencial de “Xestión e control de compras e stock en almacén” nas aulas Cristóbal Colón do Concello de Ribeira.
Neste curso participan 15 alumnos e alumnas participantes no Programa Integrado de Emprego Amicos 2023. A duración será de 40 horas, este itinerario completarase con outras dúas formacións en liña: “Xestión básica de almacén”(20 horas) e “Organización de Almacén” (30 horas). O conxunto das formacións teóricas terá unha duración de 90 horas. Ao finalizar a mesma o alumnado realizará práctias en diferentes empresas do Barbanza.

Actualmente as responsables do programa atópanse contactando con diferentes empresas da comarca para que os participantes poidan desenvolver as prácticaslaboráis e así poder conseguir un poste de traballo.

O departamento de emprego de Amicos axuda diariamente a máis de 1000 persoas coa colaboración de máis de 80 empresas do ámbito local, autonómico e nacional, grazas a estas alianzas favorecemos a inserción sociolaboral dos colectivos máis vulnerables.

O Programa Integrado de Emprego é subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Amicos é beneficiario por terceiro ano consecutivo deste programa, grazas a el ofrecese os recursos sociolaborais necesarios a persoas desempregadas da contorna do Barbanza

Noticias a medios.

O Barbanza.gal