Os traballos de retirada, identificación, clasificación e pesado de residuos contaron coa participación de máis de 150 persoas, entre os que se atopaban voluntarios e voluntarias de Amicos e escolares dos CEIP Rosalía de Castro e CEIP Flavia.  A actividade contou co apoio do Concello de Padrón e a participación do seu alcalde, Antonio Fernández.

 

 

Na mañá de onte, Amicos organizou unha nova acción de sensibilización con escolares do concello de Padrón. A xornada arrincou desde as inmediacións do campo municipal de o Souto e transcorreu pola senda verde do Río Sar, esta acción contou co apoio do Concello de Padrón.

O obxectivo da xornada foi concienciar á cidadanía, pero en especial ás novas xeracións da importancia de coidar do medioambiente, en concreto a importancia de manter limpas as contornas dos ríos.

 

 

Na acción contamos con 67 alumnos do CEIP Rosalía de Castro e 43 do CEIP Flavia, grazas ao gran número de participantes puidéronse recoller e analizar os máis de 54 quilos de residuos retirados da contorna do río, durante a xornada lograron recollerse 46,5kg de plásticos, 5kg de vidro, 2kg de papel e 473 cabichas.

Desde o consistorio; o seu alcalde Antonio Fernández enmarcou esta actuación na “aposta do Concello pola sensibilización ambiental desde as idades máis temperás. É fundamental que traballemos desde os colexios e os institutos para conseguir unha cidadanía máis concienciada co traballo colectivo que é a preservación do medio natural”. Para o alcalde resulta“especialmente interesante a cualidade práctica destas actividades, o feito de que os rapeces e as rapazas vexan en primeira persoa o que é a contaminación e o que cada un de nós pode facer para paliar os seus efectos”.

 

 

Doutra banda, Miguel Beiro, responsable de Alianzas e Emprego de Amicos, agradeceu a asistencia e a gran labor levada a cabo polos escolares e voluntarios e voluntarias, “Foi unha, unha mañá de concienciación, inclusión, de facer novas amizades, e de concienciar da necesidade de coidar os nosos entornos” e mostrouse encantado de poder compartir esta xornada co concello de Padrón.

NOTICIAS EN MEDIOS
EL CORREO GALLEGO
O BARBANAZA.GAL

Para máis info:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org