Máis de 80 expertos, autoridades educaticas e profesionais participaron na Iª xornada formativa que pretende mellorar as boas prácticas inclusivas en espazos de educación non formal.

A Xornada incluíu exemplos de boas prácticas, talleres e obradoiros.

 

 

O sábado 30 de setembro levouse a cabo a primeira xornada “Construíndo Boas Prácticas Inclusivas en Espazos de Educación Non Formal”, un evento que reuniu a máis de 80 expertos, autoridades educativas e profesionais comprometidos coa promoción da inclusión en contornas de aprendizaxe non formal. A xornada, que tivo lugar na casa da Cultura do Concello de Boiro, abordou unha serie de temas relevantes e vitais para a creación de espazos educativos inclusivos e acolledores.

 

 

As encargadas da apertura do evento e de dar unha calorosa benvida foi a cargo de Adriana Miguéns, residente do Fogar Amicos e Pilar Sampedro, responsable da Asociación Amicos e do proxecto Badaboom “Patios Jappi“ que impulsa a entidade, Sampedro destacou a importancia de crear contornas educativas que sexan accesibles e acolledores para todas as persoas, independentemente das súas diferenzas e habilidades “Fagamos que todos os nenos e nenas se sentan benvidos e parte da diversión, fomentando a amizade entre todos, sen importar as diferenzas”.

 

 

Continuou co recibimento  Don Xoan España, director xeral de Amicos, que agradeceu aos presentes a gran acollida da xornada, xa que sen dúbida é un gran compromiso coa inclusión e a diversidade. Tamén aproveitou para recoñecer a dedicación dos expertos e facilitadores que compartiron os seus coñecementos e experiencias con todos os participantes “Espero sinceramente que esta xornada sexa só o comezo de moitas máis formacións e actividades relacionadas coa promoción de patios inclusivos. Estou seguro de que coa nosa implicación e determinación, podemos lograr un cambio significativo nas nosas comunidades e facer do mundo un lugar mellor e máis inclusivo para todos”.

 

 

Na xornada tamén estivo presente Dona Cristina Pichel, directora xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, que compartiu as súas perspectivas e compromiso coa promoción de prácticas inclusivas na educación non formal.

 

 

O primeiro relatorio do día “Importancia do Xogo Inclusivo” estivo a cargo da recoñecida experta en educación inclusiva, Dona Gey Lagar, que resaltou a relevancia do xogo inclusivo como ferramenta para fomentar a participación activa e a aprendizaxe en contornas non formais.

Na sesión de “exemplos de Boas Prácticas” presentáronse casos de estudo e exemplos de prácticas exitosas de inclusión en diversos contextos educativos non formais. Os participantes tiveron a oportunidade de aprender de experiencias concretas e exitosas do CEIP Santa Baia e CEIP Carrasqueira.

Para finalizar levaronse a cabo dous seminarios simultáneos, Patios Dinámicos a cargo de Lagar e outro de tecnoloxía e xogo impartido por Dona Paz Picallo da VermisLab, en ambos se profundouse en temas clave relacionados coa inclusión na educación non formal. Os participantes tiveron a oportunidade de debater e compartir as súas perspectivas.

 

 

A xornada de hoxe foi un evento enriquecedor que promove a colaboración e a aprendizaxe na procura de prácticas máis inclusivas na educación non formal.

Esta xornada esta incluída dentro do proxecto INC-LEISURE en colaboración con 3 entidades europeas (Asociación Grao Vasco, Portugal; Dz Zlatan, Macedonia; Asociación Babilón de España (Alicante) enmarcado no programa Erasmus+, cofinanciado pola Comisión Europea.

 

 

Proxecto Inc Leisure

Sonia Lamas aproveitou a ocasión para presentar o proxecto Inc-Leisure e explicar os obxectivos e resultados, explicando aos asistentes “Incleisure trátase dun proxecto cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e co acrónimo que se traduce en ‘espazos non formais participativos para a aprendizaxe escolar inclusiva’. Tras a elaboración das catro guías e manuais con boas prácticas para profesorado e profesionais de educación, damos paso aos eventos formativos e de difusión de resultados, como é o caso desta xornada formativa”.

👉 Novas relacionadas

NOTICIAS EN MEDIOS

EL CORREO GALEGO
LA VOZ DE GALICIA
DIARIO DE AROUSA
XUNTA.GAL
CANAL BARBANZA

 

 

Para máis información:

T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org