• Visitaron o noso centro o director de Sostibilidade do Grupo Profand, Antonio Álvarez, e o técnico de Sostibilidade e Medioambiente da multinacional pesqueira, Alejandro Castro
  • O obxectivo foi ver de preto o traballo no Centro de Atención Integral de Amicos e explorar futuras vías de colaboración

 

O Centro de Atención Integral de Amicos recibiu a mañá deste mércores, 8 de maio, a visita de Antonio Álvarez, director de Sostibilidade do Grupo Profand, e Alejandro Castro, técnico da mesma área. Durante a cita, ambos profesionais puideron ver de primeira man o funcionamento das distintas áreas do centro. Tamén descubriron algunhas das actividades e talleres nos que participan os amicos/as, así como as obras de ampliación do edificio.

 

 

 

 

Miguel Cancela, beneficiario de Fogar Amicos, foi o encargado de mostrarlle aos invitados o noso centro de Comoxo. Acompañarono Pilar Sampedro, responsable de Centros, Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas con Persoas e Empresas, e Keltoi Cameán, coordinador da mesma.

Así, durante a mañá, os representantes da multinacional pesqueira puideron coñecer espazos como o Fogar Amicos ou a Fábrica Social. Tamén viron como se traballa cos mozos e mozas en fisioterapia e nos distintos obradoiros do Centro de Día. Así como as distintas accións formativas e laborais que se están a desenvolver no CAI de Boiro.

Outro dos puntos principais desta visita foi a exploración de novas vías de colaboración entre o Grupo Profand e Amicos. A alianza entrambas entidades arrincou a mediados de 2023, coa posta en marcha do Bosque Comestible Profand.

 

 

Bosque Comestible Profand

Situado en Cangas, o Bosque Comestible Profand é unha iniciativa impulsada por Amicos e a multinacional de orixe galego que aboga por un modelo de pesca sostible e responsable, ao abeiro da súa estratexia Profand 4 Future.

Mediante esta acción, buscouse adaptar un terreo descoidado nun espazo de alta biodiversidade deseñado para acoller distintas especies vexetais dirixidas ao consumo combinado cos produtos de Profand.

Así, o primeiro estadio do proxecto consistiu en rehabilitar a finca, labor realizada polas Ecobrigadas respectando en todo momento a flora e a fauna autóctonas da zona. Neste momento, o proxecto atópase na seguinte etapa, que consiste na plantación de novas especies de frutais.

Mediante esta iniciativa non só se busca estimular a conservación e rexeneración dos ecosistemas, en especial aqueles destinados á produción de alimentos. Tamén supón unha nova oportunidade de inserción laboral para persoas con discapacidade.

 

 

 

 

Para máis información:

981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org