• Os traballadores das Ecobrigadas foron os encargados de reforestar unha parcela con 300 árbores autóctonas en Curtis
  • Esta acción está recollida no convenio asinado entre Gadis e Amicos, no que tamén se contemplan o patrocinio de iniciativas solidarias como o Festiritititi ou o Calendario Solidario

 

Esta semana, Supermercados Gadis e Amicos inauguramos o Bosque Gadis, un proxecto concibido para fomentar a integración social e a conservación da biodiversidade. Para iso, traballadores das Ecobrigadas están reforestando 300 bidueiros para rexenerar de forma natural unha parcela do municipio de Curtis con especies autóctonas de Galicia.

Esta acción inclusiva, que forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis, desenvolveuse en virtude do convenio de colaboración asinado con Amicos, que se plasma en diferentes iniciativas; entre elas, o calendario solidario no que a empresa participa desde fai catro anos, ou o festival Festirititi.

O coordinador da área de Alianzas con Persoas e Empresas da entidade, Keltoi Cameán, manifestou:  “En Amicos buscamos a colaboración de distintos actores para a inclusión real da discapacidade intelectual e o coidado do planeta na sociedade. Esta é unha alianza co Concello de Curtis, que apostou pola cesión dos terreos, e con Gadis, que financia os traballos e a plantación do seu bosque fomentando que catro persoas con discapacidade intelectual poidan manter un emprego. O apoio de Gadis vai máis alá, tanto a través do patrocino do Calendario Solidario como do Festirititi, o gran festival da inclusión que celebramos en Boiro o 3 de decembro polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade”.

O director de Comunicación de GADISA Retail, José Luis Fernández Astray, mostrou a súa satisfacción con esta iniciativa, que simboliza a filosofía empresarial de actuar con responsabilidade no presente, desde unha perspectiva económica, social e de respecto á contorna natural, como legado para as futuras xeracións. Ademais, puxo en valor o propósito de apoiar a integración sociolaboral das persoas con diversas capacidades: “Queremos mellorar as súas condicións de vida e facilitar a súa integración no mercado laboral”.

 

 

 

 

As Ecobrigadas tamén levaron a cabo os labores previos de adecuación ao terreo para poder realizar a reforestación con bidueiros, especie autóctona elixida por ser a máis indicada para a parcela e porque favorece a súa integración na contorna. Estas brigadas son equipos multidisciplinares cualificados e especializados en sectores como o forestal, xardinería, obras ou bedelería; co obxectivo de xerar oportunidades laborais para as persoas con discapacidade intelectual ou en risco de exclusión social.

Na visita ao novo Bosque Gadis tamén participaron a coordinadora de RSC da empresa, Lucía Santos, o alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos e o concelleiro de Medio Ambiente, Xuventude e Infraestruturas de Curtis, Iván Maques, quen indicou que “para nós é un pracer que Amicos colabore tanto co Concello de Curtis como con empresas privadas como Gadis, e seguirán tendo o noso apoio para proxectos como este, nos que a reforestación forestal ocupa un papel central, algo que é moi necesario neste momento”.

Esta acción contou coa colaboración do Concello de Curtis, que cederon a parcela á nosa entidade para realizar traballos de reforestación no marco da integración social, así como levar a cabo accións de sensibilización con escolares da zona. Todo conducido polos activistas medioambientais de Amicos, persoas con discapacidade intelectual especializados nesta temática.

 

Gadis, comprometida coa súa contorna

O compromiso coa súa contorna e co benestar da sociedade é un dos propósitos da compañía, que leva a cabo a través da súa propia actividade empresarial e co desenvolvemento dun completo plan de Responsabilidade Social Corporativa, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Desde hai case dúas décadas é asinante do Pacto Mundial de Nacións Unidas.

 

 

 

 

NOVAS EN MEDIOS

O BARBANZA

DIARIO DE AROUSA

DIARIO DE AROUSA I

GALICI@PRESS

GALICI@PRESS I

VALMIÑORTV

QUINCEMIL

DIARIO DE SANTIAGO

DIARIO DE BERGANTIÑOS

EUROPA PRESS

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org