- As actividades conducidas polos axentes medioambientais de Amicos buscan fomentar o coidado e a preservación da natureza autóctona
- Esta acción forma parte do proxecto Sensibilización e concienciación para un desenvolvemento sustentable da Área de Influencia Socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Este mes de xullo, os e as activistas medioambientais de Amicos poñen en marcha un novo proxecto na comarca do Barbanza para achegar a educación ambiental aos máis pequenos e pequenas. O obxectivo é fomentar o coidado e preservación da natureza, poñendo en valor a importancia de coidar a nosa contorna e protexer a biodiversidade galega
Así, entre os meses de xullo e novembro, a rapazada poderá participar en diferentes obradoiros e xogos de sensibilización, ademais de colaborar en xornadas de recollida de residuos mariños no termo municipal de Ribeira. Estas actividades buscan fomentar a preocupación entre os máis novos e novas sobre a necesidade de reducir a contaminación para preservar os ecosistemas a a biodiversidade da zona.
Asemade, proxectaránse tamén películas e documentais de temática ambiental, dirixidos a reflexionar sobre os retos ecolóxicos actuáis.
Esta acción forma parte do proxecto Sensibilización e concienciación para un desenvolvemento sustentable da Área de Influencia Socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, financiado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Parques Nacionais e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


