- Os trinta e un participantes desfrutaron de distintas aventuras, tardes de praia e festas patronais na provincia de Pontevedra
- Sandra Bastos, deputada de Igualdade e Benestar Social de Pontevedra, visitou o campamento no marco do programa + Convivencia, que busca poñer en valor o patrimonio natural, cultural, artístico, etnográfico de pontevedrés
Durante a primeira semana de agosto, os e as trinta e un participantes do Campamento de Verán de Amicos gozaron de sete días cheos de actividades de lecer, aventuras e visitas pola contorna de Arcade. Foi unha experiencia moi positiva na que afianzamos amizades, descubrimos novos intereses e puidemos desconectar da rutina diaria.
Entre as actividades máis destacadas polo grupo estiveron o paseo a cabalo no Ecoparque Atalaia, a mañá acuática no Aventura Dakart, e o percorrido por Cotorredondo, coa visita á Lagoa Castiñeira e ás construcións rupestres da zona. Tamén houbo tempo para partidas de bolos, sesións de cine, tardes de praia e saídas nocturnas ás festas patronais da comarca.

O venres 8 recibimos unha visita moi especial. Sandra Bastos, deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra, achegouse ata o colexio Santiago Apóstol de Soutomaior, que foi a nosa casa durante estes días, para compartir un intre cos campistas. Durante o encontro, puidemos contar todo o vivido nesta semana e recibimos un agasallo moi especial: unha botella reutilizable para cada participante, un detalle simbólico que nos acompañou nas actividades e que reforza a aposta pola sostibilidade.
Esta visita tivo lugar no marco do programa + Convivencia, co que a Deputación de Pontevedra promove espazos de encontro e convivencia, ao tempo que pon en valor o patrimonio natural, cultural e etnográfico da contorna.
Este campamento foi moito máis que unha semana de diversión: converteuse nun espazo para compartir, aprender e medrar en comunidade. As persoas participantes regresaron a Boiro cunha mochila chea de experiencias, amizades e recordos inesquecibles.

Para máis información:
981 865 716
658 753 047

