- A iniciativa está financiado polo Ministerio de Cultura para a promoción da lectura e as letras españolas
- No marco do proxecto o alumnado creou Mariña e a súa aventura na praia e Lúa e os bocados do mar
No último ano, o alumnado do noso CEEPR de Oleiros viviu unha experiencia moi especial xunto ao alumnado do colexio público Marcos del Torniello, un dos centros colaboradores neste proxecto, coa creación de dous contos cognitivamente accesibles. Un traballo compartido que combina educación, inclusión e conciencia ambiental, e que se enmarca no proxecto O Libro Viaxeiro, financiado polo Ministerio de Cultura a través da convocatoria de axudas para a promoción da lectura e das letras españolas.
Así naceron Mariña e a súa aventura na praia e Lúa e os bocados do mar, dúas historias pensadas para achegar a lectura a todas as persoas, apostando por contidos comprensibles, accesibles e cheos de mensaxe. No primeiro dos contos, Mariña, unha estrela de mar, convídanos a descubrir o litoral e a reflexionar sobre a importancia de coidar o mar e a súa biodiversidade. No segundo, é Lúa, unha gaivota, quen nos amosa os efectos negativos de tirar lixo ao medio natural e o dano que isto provoca na fauna autóctona.

Máis alá do valor educativo e ambiental das historias, esta iniciativa ten como obxectivo central poñer en valor as linguas presentes en España como ferramentas de comunicación, participación e inclusión social. Apostamos por visibilizar a diversidade lingüística como unha riqueza colectiva, defendendo a súa validez en igualdade de condicións, ao tempo que traballamos a accesibilidade cognitiva dos contidos literarios para garantir que as persoas con discapacidade intelectual poidan gozar da lectura e da cultura en condicións de igualdade.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


