• A renovación do convenio permite dar continuidade ao Hospital de Corais de Amicos, situado nas instalacións da Lonxa de Riveira
  • Asinaron o convenio Fernando Carreira, xerente da Lonxa de Riveira, e o noso director xeral, Xoán España

 

Este luns, 9 de marzo, a Lonxa de Riveira renovou o convenio de colaboración que ten coa nosa entidade para seguir traballando xuntos en algo que nos ilusiona especialmente, como é a restauración dos fondos mariños e a recuperación de corais.

A sinatura levouna a cabo o noso director xeral, Xoán España, e o xerente da Lonxa, Fernando Carreira, nun acto no que tamén estiveron presentes vari@s dos nos@s activistas medioambientais. El@s son @s que fan posible que os nosos proxectos teñan verdadeiro impacto e resultados favorables para a natureza.

Grazas a esta colaboración, o noso Hospital de Corais seguirá tendo casa nas instalacións da Lonxa. Un espazo único no que traballamos na recuperación das gorgonias que aparecen accidentalmente nas capturas d@s pescador@s da zona. Organismos fráxiles pero fundamentais para a biodiversidade mariña, que grazas á labor d@s axentes reciben unha segunda oportunidade.

Un proceso de recuperación que remata co regreso das gorgonias entregadas pol@s mariñeir@s, que remata co seu regreso ao hábitat natural. Un traballo minucioso que realizan as e os activistas medioambientais de Amicos con moita dedicación e coñecemento. Ata o momento, xa logramos restaurar máis de 700 gorgonias nos fondos mariños da Ría de Arousa.

 

 

 

 

Como explica Adriana Miguéns, unha das nosas activistas medioambientais, participar neste proxecto ten un significado especial, non só “coidar as gorgonias que chegan da pesca accidental e axudalas a recuperarse para que volvan ao mar”, senón tamén un labor que “me pon moi contenta porque restauro a natureza e ensinámoslle á xente a coidar do medioambiente”. Unha forma directa de contribuír ao coidado da natureza.

Neste camiño, o papel do sector pesqueiro é fundamental. A colaboración coas e cos profesionais do mar permite detectar e trasladar estas especies para iniciar o proceso de recuperación. Un exemplo claro de como o traballo conxunto pode ter un impacto real no ecosistema mariño.

Por iso valoramos especialmente o compromiso da Lonxa de Riveira. A súa aposta por iniciativas como esta convértea nun referente en responsabilidade social e ambiental corporativa dentro do sector. Un exemplo de como a actividade económica pode ir da man da protección do medio.

Ademais, o Hospital de Corais é tamén un espazo de aprendizaxe e participación. Nel traballan persoas con discapacidade e alumnado en formación adquirindo experiencia mentres contribúen activamente á restauración ambiental.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org