• A formación de 8 horas realizouse na Pobra do Caramiñal
  • AMI4CEI está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa EFESO para o período 2021-2027, a través de CEPES, que actúa como organismo intermedio.

 

Un total de 20 participantes formaron parte do curso de operador/a de carretilla elevadora que impartimos no marco do proxecto Ami4cei. Unha acción formativa que combinou 2 horas de contido teórico con 6 horas de práctica, nas que o alumnado puido poñer en marcha todo o aprendido.

Ao remate da xornada, tódalas persoas participantes obtiveron o carné necesario para o manexo deste tipo de vehículos, unha acreditación moi demandada no ámbito laboral e que abre novas oportunidades profesionais.

Trátase, ademais, dunha formación dirixida a persoa­s ocupadas, polo que en moitos casos non só contribúe a mellorar a empregabilidade, senón tamén a reforzar a súa posición nos seus actuais postos de traballo.

A boa resposta entre o alumnado e o 100% de asistencia nesta actividade volve poñer de manifesto a importancia de ofrecer formacións útiles, adaptadas ás necesidades do territorio e conectadas coa realidade do mercado laboral.

Esta acción enmárcase no proxecto Ami4cei, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), no marco do Programa EFESO 2021-2027, a través de CEPES como organismo intermedio. Un proxecto que seguirá activo ata finais de 2026, impulsando iniciativas que contribúan a ampliar e consolidar oportunidades laborais para as persoas participantes.

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org