• A coordinadora do programa Apadriñamentos de Espazos Naturais de LIBERA coñeceu de primeira man o traballo que desenvolven @s nos@s activistas medioambientais.
  • A xornada incluíu xogos de educación ambiental, unha visita ao Laboratorio de Macroalgas e un achegamento ao proceso de restauración de laminarias.

 

Esta mañá recibimos no noso Centro de Atención Integral a visita de Noelia Álvarez, coordinadora do programa Apadriñamentos de Espazos Naturais do Proxecto LIBERA, unha iniciativa impulsada por SEO/BirdLife e Ecoembes para implicar á cidadanía na conservación da natureza e na loita contra a basuraleza.

Durante a visita, @s nosos activistas medioambientais Adriana, Ramiro e Gonzalo explicáronlle algunhas das actividades que realizan no centro, pero sobre todo mostráronlle algúns dos moitos proxectos medioambientais que conducen.

E non só iso, tamén xogou a algún dos xogos de que acompañan aos axentes durante as xornadas de sensibilización, e que tocan distintas temáticas: conservación do medio mariño e terrestre, restauración de ecosistemas fluviais, restauración de fondos mariños, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

 

 

 

 

A continuación foron @s activistas do Dual Natura II @s encargad@s de mostrarlle o Laboratorio de macroalgas, así como explicarlle o labor que realizan no coidado e restauración de laminarias. Un labor no que, como lle contaron, o apoio e dedicación da xente do mar é vital.

Así, durante a mañá intentamos mostrarlle como coidar dos espazos naturais é tamén coidar das persoas, sobre todo ao consideralo como un espazo de participación e oportunidades. @s nos@s activistas demostran cada día que as persoas con discapacidade teñen moito que achegar á protección do territorio, á custodia dos espazos naturais e ao voluntariado ambiental.

Esta visita encádrase dentro do noso proxecto LIBERA: Máis Amicos do Mar, unha iniciativa encadrada dentro do proxecto matriz Libera, posto en marcha por SEO/BirdLife e Ecoembes.

 

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org