- @s nos@s activistas medioambientais levaron a cabo unha xornada de sensibilización na contorna natural do río Andoriña e na praia fluvial de Tapia
- O alumnado do CEIP Barouta descubriu a biodiversidade do río a través de xogos, dinámicas e unha ruta interpretativa
En xuño, @s nos@s activistas medioambientais trasladáronse ata o concello de Ames para conducir unha xornada de sensibilización no entorno natural do río Andoriña e na praia fluvial de Tapia.
Nesta ruta do Andoriña participaron tamén 24 nenos e nenas do CEIP Barouta que, a través de distintos xogos e dinámicas, coñeceron varias das especies de flora e fauna que habitan na zona, así como a súa importancia no ecosistema no que habitan.
Como sempre, os activistas medioambientais foron os encargados de conducir dinámicas como o memory ou a xincana de especies fluviais, actividades a través das que lles explicaron de forma divertida e lúdica as cadeas tróficas, as especies invasoras que ameazan aos seres vivos autóctonos e a importancia de preservar o medioambiente.
Asemade, @s participantes realizaron parte da ruta do Andoriña polas ribeiras deste coñecido regato. Alí viron tamén como se realiza unha análise da auga e que consecuencias teñen os distintos parámetros acadados para a biodiversidade.
Esta actividade encádrase no programa Libera: Más Amicos do Mar, unha iniciativa posta en marcha por Amicos ao abeiro do proxecto LIBERA, unha iniciativa creada por SEO/Birdlife e Ecoembes para promover a concienciación e a movilización social sobre a necesidade de eliminar a basuraleza.

Para máis información:
981 865 716
658 753 047


