• Representantes de Castrosua visitaron o Centro de Atención Integral para coñecer de primeira man as necesidades das persoas con discapacidade no uso do transporte público.
  • A xornada permitiu recoller propostas e experiencias reais que contribuirán ao deseño de vehículos máis accesibles, nunha acción enmarcada no proxecto Ciudadanía Inclusiva.

 

Hoxe recordamos a visita do equipo de Castrosua, que se achegaron en abril ata o noso Centro de Atención Integral para reunirse con varias das persoas que acoden cada día ao noso centro, co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades reais e as demandas das persoas con discapacidade no tocante ao uso do transporte público.

Así, recibimos a Teresa Fernández, directora adxunta no Grupo Castrosua, a Fernando Martínez, especialista en Planificación Comercial, Marketing e Operacións; e a Carlos Alberto Martín, enxeñeiro industrial e manager do Servizo de Postventa  Industrial; que estiveron acompañados en todo momento por Miguel Beiro, responsable de Alianzas con Persoas & Empresas da nosa entidade.

Durante toda unha mañá non só visitaron as instalacións do CAI, tamén tiveron distintas reunións con moitas das persoas que acoden ao CAI cada día para anotar ideas que poidan mellorar a experiencia de usuario para telas en conta á hora de deseñar e fabricar novos vehículos da súa frota.

Esta xornada enmárcase no proxecto ‘Ciudadanía Inclusiva: Impulsando instituciones sólidas desde la discapacidad intelectual’, co que desde Amicos buscamos avanzar cara contornas máis accesibles, comprensibles e abertas á participación de todas as persoas. Unha iniciativa impulsada co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 da Dirección Xeral da Axenda 2030.

 

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org