Convenio de colaboración

Amicos firma un convenio de colaboración con Vegalsa. Este convenio contribuirá ao patrocinio das limpezas de praias que se farán durante o verán de 2021 por parte da Asociación Amicos, enmarcadas dentro do programa RE-MAR, proxecto de custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido das Rías Baixas.

Esta xornada de colaboración pechouse no Palexco da Coruña dentro da “XORNADA RSE – Diversxs. O resto é igual” organizada por Vegalsa-Eroski.  Trátase dun encontro anual de sensibilización social que realiza o grupo empresarial, onde se poñen en valor o traballo das diferentes persoas que fan posible a Responsabilidade Social en Vegalsa-Eroski e o das entidades sociais coas que colaboran cada día, como é o caso de Amicos.

Cheque por valor de 8.000 €

Miguel Cancelas, o noso compañeiro do centro, explicoulle a todos os presentes a labor da Asociación e o seu día a día no centro: “É un pracer para min contar a miña historia e a miña vida dentro do Fogar Amicos”, indicaba Miguel.

Pola súa parte, Xoán España, director Xeral de Amicos, tamén interviu indicando que “queremos que os últimos sexan os primeiros e continuar sendo activistas do cambio”, para así recalcar a importancia de que se realicen colaboracións como éstas.

Gabriela González, directora de RSE de Vegalsa foi a encargada de firmar o convenio de colaboración e Ricardo Castro, xerente de área de medioambiente de Vegalsa, entregou o cheque a Xoán España e Miguel Cancelas cun valor de 8.000€.

O equipo do grupo empresarial Vegalsa concluiu que este verán tamén participarán na limpeza das praias xunto aos nosos compañeiros. Os membros de RSC da empresa, xa tiveron previamente a oportunidade de coñecer o noso Centro de Atención Integral en Comoxo. “Os invito a todos a que os paséis a conocer la labor de Amicos en Boiro, porque nosotros quedamos muy sorprendidos”, indicaba Gabriela González, directora de RSE de Vegalsa.

Dende a Asociación Amicos, estamos moi agradecidos con todo o equipo de RSC de Vegalsa, xa que podemos seguir adiante con noso proxecto Re-mar, no que a discapacidade se converte no motor de cambio para axudar a conservación do entorno natural e mariño.