A Asociación Amicos iniciamos o 1º curso de auxiliar de guía (de maneira presencial) en Pontevedra, para servir de apoio e formación para persoas con discapacidade, un dos colectivos que sofre un maior grao de exclusión sociolaboral. Preténdese dotar aos alumnos dunha oportunidade de incorporación ao mercado laboral, sendo máis fácil dita inserción con formación e hábitos prelaborais adecuados.

Alumnos do curso.

Están participando un total de 10 persoas, maioritariamente da provincia de Pontevedra e tamén da Coruña. Este curso ten unha duración de todo o mes de xuño.

“Esta acción formativa está destinada a conseguir a formación e capacitación adecuada á vez que se imparte atención ocupacional e rehabilitadora”, indica María Ángeles Miguéns, formadora do proxecto e técnica de desenvolvemento de persoas da Asociación.

María Ángeles Miguéns, formadora do curso.

A Asociación Amicos ven prestando colaboración dende hai varios anos co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia nas áreas de mantemento, limpeza e acondicionamento da contorna, querendo ampliar, tamén, a tarefas de ordenamento e control dos visitantes, información sobre os distintos recursos e lembrar a obrigatoriedade do cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias.

A partir de este curso e a colaboración con esta entidade, crearanse postos de traballo que poderán ser recorrentes no tempo, contribuíndo así á inclusión de persoas con discapacidade nun nicho de mercado, como é o turismo sostible, dándolle presenza e notoriedade ao noso colectivo.

Alumna do curso.

Finalizado o curso, os alumnos adquirirán as seguintes competencias:

  • Aplicación de técnicas de orientación e de intervención ante continxencias na contorna ambiental.
  • Dirección de dgrupo de persoas e as súas representacións.
  • Utilización dos recuros e infraestruturas da contorna para desenvolver programas e actividades de educación ambiental.
  • Realización a valoración inicial do accidentado aplicando protocolos de intervención adecuados.
  • Aplicación de técnicas básicas conforme aos protocolos de primeiros auxilios establecidos.

Se necesitas asesoramento laboral ou formación, contacta con nós no seguinte enlace ⇓

BUSCO TRABALLO