• @s nos@s activistas medioambientais levaron a cabo unha xornada de sensibilización na contorna natural do río Andoriña e na praia fluvial de Tapia
  • O alumnado do CEIP Barouta descubriu a biodiversidade do río a través de xogos, dinámicas e unha ruta interpretativa

 

En xuño, @s nos@s activistas medioambientais trasladáronse ata o concello de Ames para conducir unha xornada de sensibilización no entorno natural do río Andoriña e na praia fluvial de Tapia.

Nesta ruta do Andoriña participaron tamén 24 nenos e nenas do CEIP Barouta que, a través de distintos xogos e dinámicas, coñeceron varias das especies de flora e fauna que habitan na zona, así como a súa importancia no ecosistema no que habitan.

Como sempre, os activistas medioambientais foron os encargados de conducir dinámicas como o memory ou a xincana de especies fluviais, actividades a través das que lles explicaron de forma divertida e lúdica as cadeas tróficas, as especies invasoras que ameazan aos seres vivos autóctonos e a importancia de preservar o medioambiente.

Asemade, @s participantes realizaron parte da ruta do Andoriña polas ribeiras deste coñecido regato. Alí viron tamén como se realiza unha análise da auga e que consecuencias teñen os distintos parámetros acadados para a biodiversidade.

Esta actividade encádrase no programa Libera: Más Amicos do Mar, unha iniciativa posta en marcha por Amicos ao abeiro do proxecto LIBERA, unha iniciativa creada por SEO/Birdlife e Ecoembes para promover a concienciación e a movilización social sobre a necesidade de eliminar a basuraleza.

 

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org