• Visitamos a adega Paco & Lola para coñecer de primeira man o proceso que segue a uva ata converterse en viño
  • O presidente da Cooperativa Vitivinícola Arousana, Carlos Carrión, e o responsable de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, Miguel Beiro, asinaron a renovación desta alianza

Con setembro chegou tamén un dos momentos máis típicos do rural galego, e este non é outro que a vendima.

Para coñecer mellor todo o que hai detrás dun dos produtos máis representativos da nosa terra, achegámonos ata as adegas Paco & Lola, onde o seu equipo nos abriu as portas para compartir con nós unha xornada moi especial.

Durante a visita puidemos coñecer de primeira man como se vive a vendima e todo o proceso que segue a uva desde que chega á adega ata converterse en viño. Un percorrido no que descubrimos o traballo, os coidados e o coñecemento que hai detrás de cada botella.

E, por suposto, aproveitamos para preguntar, observar e aprender! Porque en Amicos gústanos que cada saída sexa unha oportunidade para descubrir novos oficios, coñecer o noso contorno e achegarnos a realidades diferentes.

 

 

 

 

A xornada tivo ademais un extra moi especial, posto que coincidimos coa retransmisión de Más de Uno Pontevedra de Onda Cero desde as propias adegas. Un equipo que nos permitiu participar unha vez máis neste espazo coa intervención de Miguel Beiro, o responsable da nosa área de Alianzas con Persoas e Empresas.

Experiencias como esta permítennos seguir conectando ás persoas coa súa contorna e descubrir todo o que hai detrás de actividades que forman parte da nosa cultura e da nosa economía. Porque ás veces basta con abrir unha porta, mirar con atención e deixar que as persoas que saben nos conten a súa historia.

Moitas grazas ao equipo de Paco & Lola por recibirnos con tanta proximidade, compartir o seu traballo e facernos sentir como na casa unha vez máis. E por renovar a nosa alianza un ano máis, e con

 

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org