Hoxe é o Día Internacional da Terra e aproveitamos a ocasión para contaros todas as accións que levamos a cabo dende Amicos para paliar o cambio climático e, entre todos, construír un mundo mellor. Como xa coñecedes, o cambio climático é un feito. As inundacións, sequías, incendios e o récord de temperaturas en Europa que está manifestando o noso planeta nos últimos anos débennos facer reflexionar e actuar para tratar de frear o cambio climático e protexer a nosa biodiversidade.

Por iso, dende a nosa asociación levamos xa un tempo desenvolvendo varios proxectos ambientais que chaman á participación cidadán para, entre todos, lograr frear o cambio climático e sensibilizar a toda a sociedade da gravidade de non coidar ben do noso planeta.

Estamos a falar de RE-MAR, que tras dúas exitosas edicións, trata este ano de mellorar os seus resultados para lograr a involucración de todos e todas no coidado do medio ambiente. O que levamos de RE-MAR III xa realizamos máis de 10 limpezas e sensibilizacións na zona do Arco Atlántico Galego, conseguimos mobilizar a máis de 500 persoas e xa recollemos ao redor de 240 kg de lixo mariño.

Pero todavía queda moito traballo por facer. Os nosos guías medioambientais seguen realizando accións de limpeza nas costas galegas e chamando á participación cidadán. A nosa seguinte actuación será, debido ás condicións meteorolóxicas que estamos tendo, unha xornada de sensibilización no IES A Cachada o xoves, 28 de abril de 2022. Aínda que o mes que vén, temos moitas outras actividades preparadas, como por exemplo o análisis do Río Morto para comprobar a calidade da agua e varias limpezas con empresas recreativas e escolares. Seguídenos no noso Facebook e non vos perdades ningunha novidade!

Outro dos proxectos que temos en marcha en Amicos é Peneira, no que que actuamos como axentes ambientais para a promoción e a defensa da pesca e o marisqueo sustentable na Ría de Arousa. Estos meses centrámonos principalmente en formarnos e en adquirir os coñecementos necesarios para despois podelos transmitir a toda a sociedade.

En primeiro lugar realizamos a formación de ‘Buque Azul‘, onde aprendemos todo o necesario para entregar este selo de garantía e calidade a todas as embarcacións que cumpran coas boas prácticas na xestión de residuos. Grazas á empresa Ardora poidemos formarnos a través de varias sesións, tanto teóricas como prácticas, en este ámbito.

Agora mesmo encontrámonos aprendendo sobre a valorización dos residuos mariños con We Robots Academy. Esta formación axudaranos a saber todo o necesario sobre o ciclo de vida dun produto, para crear un mundo máis sostible e poder reutilizar todos aqueles residuos, sobre todo plásticos, que recollemos nos areais tras ser depositados polos nosos mares.

Séguenos tamén nas nosas redes sociais de Peneira para coñecer as nosas seguintes actividades. Só tes que facer click enriba de Facebook, InstagramTwitter.

Neste Día Internacional da Tierra non debemos esquecernos, nin hoxe nin nunca, da importancia de reflexionar sobre como tratamos ao noso planeta e tomar acción para protexer a nosa natureza e a biodiversidade. Únete as nosas próximas actividades para que, xuntos, creemos un mundo mellor.