Hoxe organizamos unha xornada para identificar e analizar os máis de 80 kilos de residuos retirados nas marxes do encoro do Parque Natural das Fragas do Eume. Esta actividade foi realizada para o proxecto RE-MAR III que a asociación leva desenvolvendo dende comezos de ano.
O obxectivo da xornada foi mostrar e concienciar da necesidade de protexer as nosas costas facendo unha boa xestión dos residuos. Na acción contouse coa colaboración de integrantes da asociación, a Ecobrigada, voluntarios e voluntarias do Grupo Atlante e a empresa Fragas do Eume Kayak, xa que a limpeza foi realizada a pé e en kaiak.
Xoan España, Director Xeral de Amicos, agradeceu a implicación de todos os alí presentes, pois a actividade de hoxe supón “un pilar fundamental para seguir creando futuros inclusivos e verdes”.
Dende a empresa Fragas do Eume Kayak, Juan Rubianes calificou a actividade como “excelente traballo de limpeza”, pois “se recolleron máis do 90% dos plásticos” e, na actualidade, “a zona sur do Parque Natural que engloba o río Eume na súa zona embalsada está prácticamente limpa”.
Marcos Estévez, coordinador de proxectos da área de Acompañamento organizativo e Consultoría do Grupo Atlante: “Estamos moi comprometidos co medioambiente e a sostenibilidade porque gran parte do noso traballo é asesorar a empresas privadas para cumprir a lexislación e mellorar o seu desenvolvemento ambiental”. A súa compañeira Natalia Pérez Taracido, coordinadora na área de Acompañamento organizativo e Consultoría mostrouse encantada de poder compartir esta xornada coa Asociación “porque remamos no mesmo sentido”.
Doutra banda, Carlos Franco, capataz do Parque Natural das Fragas do Eume, agradeceu a Amicos o seu labor e calificouno como “moi importante a nivel ecolóxico” porque aínda que “cada vez hai menos residuos, sempre se xeneran residuos”. Engadiu: “Oxalá o ano que ven teñamos todavía menos residuos”.
RE-MAR III: Custodia ambiental para a redución de residuos no Espazo Mariño Protexido do Arco Atlántico Galego é a terceira edición de un proxecto impulsado pola Asociación Amicos coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Este proxecto é complementario ao proxecto LIFE IP Intermares.