O pasado venres levamos a cabo dúas accións de concienciación medioambiental co apoio da conserveira PAN DO MAR, estas acción tamén están enmarcadas dentro do noso Proxecto Remar III.

 

 

Na mañá do día de hoxe, acompañados de veciños e traballadores de Pan do Mar levaron a cabo unha gran recollida de residuos mariños na praia das Sinas, nesta acción recolléronse 6 kg de plásticos, 11kg de mestura e un1 kg de vidro. Un total de 18kg de residuos.

Simultaneamente, outro grupo de voluntarios achegáronse ao mecadilllo de Vilanova para realizaron unha labor de concienciación da necesidade de protexer as nosas costas facendo unha boa xestión dos residuos.

 

 

Desde a empresa PAN DO MAR, a portavoz da empresa calificou a actividade como “moi beneficiosa para a sociedade, pois “as actividades que levades a cabo son relacionadas co medioambiente e a recuperación das contornas mariñas e para nos como conserveira repercútenos.”

Miguel Beiro, responsable de emprego e empresas de Amicos, quixo dar as grazas aos activistas ambientais de Amicos e comentou que este 2022 “Levamos recollidas en prais máis de 2 toneladas de lixo dentro do noso proxecto REMARIII”. Así mesmo, aproveitou para dar as grazas por esta alianza xa que “é unha aposta para poder continuar realizando estas accións ambientais”.

RE-MAR III é un proxecto de cuestodia ambiental, impulsado pola Asociación Amicos para a redución de residuos no Espazo Mariño Protexido do Arco Atlántico Gallego, que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Este proxecto é complementario ao proxecto LIFE IP Intermares.

 

Por útlimo, Keltoi Caméan, técnico de Amicos apuntou que: “O noso obxectivo debe ser reciclar os residuos de plástico recollidos de forma que se manteñan en circulación o maior tempo posible”. “Para iso realizaremos un taller de arte recilado navidadeño no mes de Decembro en Vilanova”.

 

RE-MAR III é un proxecto de cuestodia ambiental, impulsado pola Asociación Amicos para a redución de residuos no Espazo Mariño Protexido do Arco Atlántico Gallego, que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. Este proxecto é complementario ao proxecto LIFE IP Intermares.

 

Info en medios: https://obarbanza.gal/2022/09/amicos-leva-a-cabo-unha-limpeza-costeira-en-vilanova-co-apoio-de-pan-de-mar/