A nosa asociación Amicos elabora unha terceira acción de concienciación medioambiental xunto co apoio da conserveira Pan do mar.
O coidado do medioambiente é un pilar clave na nosa organización. Con este motivo, o pasado venres, voluntarios da asociación Amicos, acompañados pola portavoz da conserveira Antonio Pérez la Fuente e propietaria da marca Pan do Mar, e Javier Touris Romero — teniente alcalde de Vilanova — participaron nun taller navideño. Este baseábase no traballo cos residuos recollidos nas acción de limpeza de praias.
Os nenos e nenas que acudiros sumerxíronse nesta actividade lúdica e artística, achegándose ás ideas de concienciación ambiental e reciclaxe. Actos así buscan dar reposta ás necesidades de reciclaxe e coidado de areais, do Concello e Vilanova e a contorna.
O edil, Javier Touris, insistiu na importancia deste tipo de actividades. O seu valor non se limita aos máis pequenos, pois tamén fomenta a concienciación dos maiores na responsabilidade de reciclar.
A portavoz da empresa Pan do mar calificou a xornada como “moi beneficiosa para a sociedade”. Engadiu unhas palabras cara a asociación: “as actividades que levades a cabo son relacionadas co medioambiente e a recuperación das contornas mariñas e para nós, como conserveira, repercútenos”.
Amicos desenvolve a súa actividade mediante un modelo de intervención no que persoas, familias e comunidade ocupan o centro. A sustentabilidade é un dos seus eixos vertebradores que fixa criterios para a participación activa na consecución dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. Diversas liñas de actuación, entre as que se atopa o programa RE-MAR, loitan polo coidado e mellora da contorna.