Os quince alumnos que realizaron a acción formativa recibiron un diploma en recoñecemento do seu esforzo. A formación iniciouse o 12 de abril e dirixiuse a persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social.

 

 

Amicos clausuramos hoxe o curso “Conserxe recepcionista”, pertencente ao programa “Más Empleo” que desenvolve coa Fundación “La Caixa” e o Fondo Social Europeo, a formación impartiuse nas aulas Cristobal Colón, en Ribeira e contamos coa colaboración do Concello de Ribeira.

Os quince alumnos e alumnas participantes recibiron un diploma recoñecendo o seu esforzo. A formación, dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha duración de 40 horas na modalidade presencial, a cal permite achegar aos participantes ao mercado laboral.

 

 

Ao peche acudiu Ana Barreiro, Concelleira de Servicios Sociais do concello de Ribeira, quen afirmou que “Para o concello é un pracer contar con Amicos e contribuír a formación dos que máis o precisan”, con isto aproveitou a ocasión para felicitar ás persoas que completaron a formación, e recalcou que con este tipo de cursos e a través dos nosos plans de inclusión, esperan pechar o círculo cun bo proveito para todos, e así favorecer a posibilidade de inserción laboral.

Miguel Beiro, responsable da nosa área de Alianzas e Emprego de Amicos quixo dar as grazas a todos os participantes, recoñecendo o esforzo realizado e animándoos a ter unha boa actitude de cara o mundo laboral.

 

 

Tamén estivo presente Marta Besada, técnica de Amicos no programa “Más Empleo”, que desexa que: “Esta formación poida achegar novas oportunidades laborais aos participantes” aproveitou a ocasión para animalos a seguir formándose e conseguir os seus obxetivos.

Doutra banda, Rosa Agrelo, técnica de Amicos no programa “Más Empleo” remarcou que grazas a esta formación os participantes poderán ter novas oportunidades no mercado laboral, aproveito a ocasión para agradecer o apoio ao Concello de Ribeira pola cesión das aulas.

 

Para máIs información:
T. 981 865 716

 M. 658 753 047
hola@amicos.org