• Esta xornada de reforestación celebrouse o martes, 28 de abril, nos montes da Caridade, no concello ourensán de Monterrei, especialmente afectados polos incendios de 2025
  • Na acción participaron máis dun cento de alumnos e alumnas de centros da zona, así como distintos representantes intitucionais

O pasado martes, 28 de abril, volvemos calzar as botas e poñer as mans na terra para intentar reconstruír unha parte do que destruiron os incendios forestais do pasado ano. Desprazámonos ata o Monte de A Caridade, en Monterrei, un espazo especialmente castigado polos incendios do pasado verán, para participar nunha xornada de reforestación xunto a Vegalsa-Eroski. Unha acción necesaria nun contexto no que só na provincia de Ourense se concentrou a maior parte da superficie queimada en Galicia no último ano.

Alí, as nosas Ecobrigadas, o alumnado de Dual Natura II e persoas usuarias da entidade foron quenes lideraron a actividade, acompañando a máis dun cento de escolares dos centros CEIP de Medeiros de Monterrei, CRA Monterrei e CEIP Plurilingüe de Oimbra. Xuntos, fomos dando forma a máis de dúas hectáreas de bosque con especies autóctonas, devolvéndolle pouco a pouco o equilibrio a un entorno que o necesita.

Pero, se algo nos queda destas xornadas, é o enriquecedor desta experiencia para os nenos e nenas. Coas mans na terra, aprenderon que coidar o medio ambiente non é algo alleo, senón unha responsabilidade compartida. Ver como plantaban, preguntaban e se implicaban é, sen dúbida, unha das mellores sementes que podemos deixar.

 

 

 

 

Ao grupo sumáronse tamén a concelleira de Medio Rural, María José Gómez, aa Directora Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, María Luísa Piñeiro; o deputado de Medio Ambiente e Enerxía de la Deputación de Ourense, José María Lago; os alcaldes de Cualedro y Monterrei, Luciano Rivero y José Luís Suárez; a xefa de servizo e o técnico forestal del distrito forestal Verín, Yolanda Boo e Jesús Manuel Sánchez; a xerente da Asociación Monteval GDR-9, Ana Pardo; e ol presidente de la Comunidade de Montes en Man Común “A Caridade”, Eduardo Calviño.

Baixo o lema “Raíces que nacen do corazón”, a xornada converteuse nun punto de encontro entre comunidade educativa, entidades sociais, empresas e administracións. Un espazo no que compartir coñecemento, esforzos e compromiso co territorio.

Para nós, ademais, ten un valor especial. Porque as persoas con discapacidade non só participan, senón que lideran este tipo de accións, demostrando que a inclusión tamén pasa por estar presentes en iniciativas que transforman o entorno.

NOVAS EN MEDIOS

LA VOZ DE GALICIA

LA REGIÓN

FARO DE VIGO

INDISA

TREINTA Y SEIS

GALICI@PRESS

CORRESPONSABLES

DEMÓCRATA

XUNTA DE GALICIA

LA VOZ DE GALICIA II

LA REGIÓN II

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org