• O alumnado de 2º curso do CEIP de Teixeiro participou nunha xornada de reforestación e sensibilización ambiental xunto ás Ecobrigadas de Amicos
  • Xogos, reciclaxe e plantacións nunha mañá para aprender a coidar a natureza desde dentro

 

Este martes, 26 de maio, o Bosque Gadis de Curtis converteuse de novo nun gran espazo de aprendizaxe e activismo ambiental coa visita do alumnado de 2º de Primaria do CEIP de Teixeiro. Alí, os nosos activistas medioambientais e as Ecobrigadas de Amicos compartiron cos nenos e nenas unha mañá chea de xogos, natureza e moitas ganas de aprender a coidar o entorno.

A actividade comezou cun divertido xogo sobre reciclaxe no que os pequenos e pequenas puxeron a proba os seus coñecementos sobre separación de residuos. Pero @s cativ@s foron quen de facer fronte á proba, e acertaron en que contedor se reciclaba cada un dos productos que se lle preguntaron, nunha actividade na que descubriron a importancia de reciclar correctamente e de reducir o impacto que xeramos sobre o medio ambiente.

Despois chegou o momento de poñerse mans á terra, e guiados polos activistas ambientais de Amicos, os escolares participaron na reforestación das marras que faltaban no Bosque Gadis, aprendendo como plantar e coidar as especies autóctonas que forman parte deste espazo natural.

 

 

 

 

Este bosque naceu en 2024 grazas ao traballo das Ecobrigadas da entidade, que plantaron 300 bidueiros na finca da Galpulleira, en Curtis. Un proxecto impulsado da man de Gadisa que combina inclusión, emprego verde e restauración ambiental.

Durante a mañá tamén nos acompañaron o director de Comunicación de Gadisa, José Luís Fernández, a coordinadora de Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa, Lucía Santos; así como o responsable da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, Miguel Beiro, o coordinador da área, Keltoi Cameán, e o técnico de orientación laboral, Pablo Penide. A xornada contou tamén coa participación do concelleiro de Medio Ambiente de Curtis, Iván Maques, un apoio constante nas nosas iniciativas na zona.

Este tipo de xornadas permítennos transformar o bosque nunha auténtica aula ao aire libre, onde falar de biodiversidade, reciclaxe ou inclusión deixa de ser algo teórico para converterse nunha experiencia compartida.

 

NOVAS EN MEDIOS

LA VOZ DE GALICIA

QUINCEMIL

EL IDEAL GALLEGO

DIARIO DE SANTIAGO

VIGOÉ

O BARBANZA

CORRESPONSABLES

MUNDIARIO

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org