• O Pensadoiro é unha actividade na que se busca fomentar un espazo inclusivo de reflexión integrado por adolescentes e persoas con discapacidade intelectual
  • Esta sesión do Pensadoiro forma parte do proxecto Ciudadanía Inclusiva: Impulsando instituciones sólidas desde la discapacidad intelectual

Este martes, 9 de xuño, o alumnado do IES A Cachada e un grupo de Amicos celebramos unha festa final para poñerlle o broche perfecto aos Pensadoiros do curso 2025/26, e despedirnos ata a volta das vacacións de verán.

O patio do centro foi o lugar escollido para celebrar o último pensadoiro do curso, no que reflexionamos e puxemos en común as distintas ideas e concepcións que cada persoa ten sobre conceptos como a inclusión, a discapacidade, a exclusión social e a convivencia.

Pero tamén tivemos tempo para comer xunt@s e desfrutar dun tempo compartido que, dende setembro, se converteu no espazo perfecto para compartir ideas e aprender a expresarnos de forma respectuosa, aprendendo sempre uns dos outros, e exercitando habilidades clave como a comunicación e o pensamento crítico.

Esta xornada do Pensadoiro enmárcase no proxecto ‘Ciudadanía Inclusiva: Impulsando instituciones sólidas desde la discapacidad intelectual’, co que desde Amicos buscamos avanzar cara contornas máis accesibles, comprensibles e abertas á participación de todas as persoas. Unha iniciativa impulsada co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 da Dirección Xeral da Axenda 2030.

Para finalizar, o grupo de Amicos fixémoslle entrega á rapazada duns agasallos moi especiais, que lles servirán para ter presente todo o posto en común durante esta actividade. Ata o próximo curso!

 

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org