• A iniciativa englobou recollidas de residuos, obradoiros de arte reciclado e actividades de educación ambiental
  • Máis Amicos do Mar busca promover a conservación das praias do Barbanza e o papel das persoas con discapacidade como activistas medioambientais no marco de Libera, unidos contra la basuraleza un proxecto de Seo/Birdlife e Ecoembes

  

O coidado da natureza é unha responsabilidade compartida, e con esta idea dende Amicos desenvolvemos unha nova edición de Máis Amicos do Mar, unha iniciativa integrada no proxecto Libera, impulsado por SEO/BirdLife e Ecoembes, coa que seguimos promovendo a conservación das praias da península do Barbanza ao tempo que se reforza o papel das persoas con discapacidade como activistas medioambientais.

Ao longo dos últimos sete meses, @s nos@s activistas medioambientais levaron a cabo 16 actividades nas praias das rías de Arousa e Muros-Noia ao abeiro desta iniciativa. Estas combinaron accións de limpeza, obradoiros creativos e actividades de sensibilización ambiental; nas que participaron un total de 604 persoas entre escolares, participantes en campamentos e adult@s.

As 8 recollidas de residuos permitiron retirar 217 quilos de lixo mariño de areais como Coroso ou Cabeiro, evidenciando a importancia de actuar fronte á contaminación que chega ás nosas costas.

Asemade, os obradoiros de arte reciclada demostráronlle á rapazada que moitos destes materiais poden ter unha segunda vida grazas á creatividade, mentres que as actividades de sensibilización achegaron á cidadanía o valor dos ecosistemas mariños, a necesidade da súa conservación e a importancia de incorporar hábitos responsables seguindo a regra das 5R: reciclar, reducir, reutilizar, recuperar y reparar.

 

Un mar máis limpo e máis inclusivo

Máis Amicos do Mar nace co obxectivo de implicar á sociedade na protección das praias do Barbanza desde unha perspectiva de ecoloxía social, entendendo que o coidado do medio ambiente e a inclusión avanzan da man. Neste proxecto, ao igual que tódalas iniciativas medioambientais impulsadas por Amicos, as persoas con discapacidade non só participan, senón que lideran e impulsan accións que contribúen a sensibilizar á cidadanía e a promover un cambio de hábitos.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org