• Unha visita para coñecer de primeira man as novidades de Amicos e seguir fortalecendo unha alianza que xa suma máis de cinco anos.

 

Nos último días recibimos no noso Centro de Atención Integral a visita de Natalia Escourido, representante de Pan do Mar. Unha visita moi especial porque, despois de máis de cinco anos camiñando xuntos, Natalia xa é unha máis da casa.

Nesta ocasión, achegouse ata o centro para coñecer de primeira man as últimas novidades de Amicos e ver como continúa avanzando o compromiso entre as dúas entidades. Durante o percorrido estivo acompañada polo noso activista medioambiental Miguel Cancelas e polo responsable de Alianzas con Persoas e Empresas, Miguel Beiro.

Esta relación entre Pan do Mar e Amicos naceu hai máis de cinco anos e, desde entón, fomos compartindo diferentes iniciativas arredor de dous compromisos que temos moi presentes, como son o coidado do noso entorno mariño e a inclusión social.

Un bo exemplo son as limpezas anuais organizadas conxuntamente, nas que unimos esforzos para coidar as nosas costas e sensibilizar sobre a importancia de conservar o medio mariño, sempre conducido pol@s nos@s activistas medioambientais, que nos guían e nos ensinan a separar os residuos mariños que recollemos.

Pero unha alianza tamén se constrúe visitándonos, coñecéndonos e compartindo o que facemos. Por iso, agradecemos a Natalia esta nova visita e a oportunidade de seguir estreitando unha relación que nos permite avanzar xuntos cara a un futuro máis inclusivo e máis verde.

Grazas, Pan do Mar, por seguir formando parte da familia Amicos!

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org