Este ano, por San Valentín, enviamos unhas cartas de amor moi especiais dende o Centro Amicos. Unhas cartas de amor, admiración e de amizade.

Os nosos alumnos e residentes deseñaron e escribiron cartas personalizadas a esas persoas que tanto admiran: dende deportistas como Ana Peleteiro ou Denís Suárez ata presentadores como Xosé Ramón Galloso, Roberto Vilar ou Esther Estévez.

E é que o amor non é so romanticismo, tamén é amizade e admiración. Por iso os nosos rapaces se animaron a facer esta iniciativa. Cada un deles escribiu a man unha carta para o seu personaxe máis admirado, algúns ata se animaron a facerlles uns retratos! E mimaron todos os detalles para envialas: o acabado das cartas, personalizaron os sobres e mesmo incluiron unha tarxetiña de presentación.

O mércores 10 saíron cara os seus destinatarios e estamos a recibir a acollida de moitos deles.

Moitas gracias a todos por difundir esta mensaxe tan especial!